febrero 20, 2025

NUEVO PATROCINADOR PARA LA FGA.

Acuerdo de patrocinio entre la FGA y el Circuito Internacional de Montalegre.

La Federación Gallega de Automovilismo continúa a la busca de patrocinadores para las diferentes modalidades del motor en Galicia, desde luego con los tiempos es una ardua tarea pero que lo están consiguiendo poco a poco.

Os adjuntamos nota de prensa que nos facilita la FGA.

 

«»»»»»

O CIRCUITO DE MONTALEGRE CONVÍRTESE NO PATROCINADOR PRINCIPAL DO CAMPIONATO GALEGO DE MONTAÑA 2025

A Federación Galega de Automobilismo e o Circuito Internacional de Montalegre chegaron a un acordo para que o trazado fronteirizo luso sexa o patrocinador principal do certame de montaña en 2025, pasando a denominarse Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.

 

 

Despois dunha primeira experiencia na recta final da tempada pasada no certame autonómico, o goberno da localidade portuguesa confirmou e reafirmou o seu compromiso co automobilismo galego, de cara a xerar sinerxias e promocionar o deporte nos dous países.

Esta colaboración achegará a modalidade de rallycross aos afeccionados e deportistas galegos mediante a promoción dos seus eventos, que nesta tempada serán o novedoso Nitro X (un novo certame internacional de rallycross con nomes de primeiro nivel), o Campionato de España de Rallycross, as probas do Nacional portugués da modalidade e o consolidado Campionato de Portugal de drift.

Ademáis, o becado da FGA no certame de montaña en 2025, Mario Rivera, levará no seu Carcross os logotipos de Montalegre.

A ampliación deste acordo reafirma o compromiso da FGA co deporte galego, especialmente na búsqueda de novos recursos que servirán para, mellorar aínda máis, a modalidade de montaña.

«»»»