MOTOR FUTURO, nueva iniciativa de la FGA.
La Federación Gallega de Automovilismo en colaboración con la Diputación de Orense y Past Autos Racing, ponen en marcha el proyecto Motor Futuro Orense, en el cual un piloto de Orense disputará la Copa Sandero Eco Cup.
Os dejamos la nota de prensa que nos ha pasado la FGA.
«»»»»
A Deputación de Ourense, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo, presentou este mércores a primeira edición do programa “ Motor Futuro” que dará a oportunidade a un ou unha xoven deportista ourensán de competir na tempada 2025 na Sandero Eco Cup Galicia, un formato promocional integrado no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – RECALVI e o primeiro en equipar combustible ecolóxico GLP.
Esta selección estará limitada a participantes de entre 18 e 24 anos censados en calquera dos concellos de Ourense e a un número de 30 aspirantes.
Os aspirantes non poderán ser campións nacionais ou internacionais. No apartado autonómico tan só se admite ser campión dun certame absoluto (non copas de promoción) en karting e autocross (consideradas categorías formativas).
Esta iniciativa conta co ademáis apoio da FGA e PAST AUTOS RACING, que contribúen a completar o presuposto desta acción que procura a captación de novos talentos no automobilismo galego.
O prazo de inscripción comeza este luns 31 de marzo ás 13:00 horas e estará aberto ata o 9 de abril ás 12:00 horas do mediodía. O proceso de selección terá lugar o día 13 de febreiro nun circuito por determinar do que sairá o vencedor da primeira edición de “Motor Futuro da Deputación de Ourense”.
As bases e formulario de inscripción pódense descargar na seguinte ligazón.
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NA BECA MOTOR FUTURO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE
«»»»»


