Arranca el Campeonato Gallego de RallyMix.
La primera prueba del Campeonato Xunta de Galicia de RallyMix, se disputó este fin de semana con la segunda edición de la prueba Serra de Argallo. Una prueba que se afianza en esta modalidad.
Os dejamos la nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo con los resultados en las diferentes categorías.
«»»»»
Javier Ramilo, na clase A, e Manuel Osorio e David Calvo, na B, foron os vencedores do Rallymix Serra de Argallo, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
Unha primeira proba do certame que se celebrou na mellor puntuada da tempada 2024 e que contou con nada menos que 84 equipos na liña de saída.
Entre todos eles, o mellor clasificado da xeral conxunta e evidentemente da clase A, foi Javier Ramilo “Kobas”, campión do certame en catro ocasións e que estreou o seu marcador cun apretado triunfo na localidade pontevedresa.
O piloto do Yacarcross aventaxou en pouco máis de sete segundos ao defensor do título, Alfonso “Pisko” Ventín.
O terceiro chanzo do podio foi a mans do berciano Antonio Viloria, completando o triplete Ya Car.
Na clase B, reservada a carrozados, primeiro posto para Manuel Osorio, que nesta ocasión estreaba copiloto, David Calvo. Aos mandos do Skoda Fabia R5, superou en 49 segundos a Celestino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5.
A terceira posición da categoría foi para Santi e María Martínez, nunha excelente proba no Ford Fiesta R2, sendo ademáis o primeiro dúas rodas motrices.
Os martínez, pai e filla, clasificáronse por diante de Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo, vencedores da Copa Pirelli. A continuación, neste formato promocional situáronse Marcos Lousa e Raúl García e Carlos Maquieira e José Manuel Angustia.
A Copa MRF foi para “Pisko” Ventín, seguido de Abel Jurado e de Adrián Andrés Hurtado.
Por último dentro da Copa Iniciación Escuderías, victoria para Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo. Completaron o podio Marcos Lousa e Raúl García e José Pena e Lucía Regos.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar en Touro os días 2,3 e 4 de maio.
«»»»»


