junio 9, 2025

RALLY DE PONTEVEDRA 2025.

Berdomás, el primero de los mortales.

De nuevo victoria aplastante de Víctor Senra en el Rally de Pontevedra, que queréis qu os diga, directamente que le den el campeonato gallego de Rallys. Desde luego Víctor es grandísimo piloto y con el coche que conduce son realmente intocables.

Donde realmente está el «meollo» es en el resto de las categorías y copas que están  de lo más interesantes.

 

Os dejamos la nota de prensa que nos pasa la FGA de esta prueba, el Rally de Pontevedra.

 

«»»»»

Víctor Senra e Moncho López, aos mandos do Hyundai I20N WRC, foron os vencedores do Rallye de Pontevedra, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.

Senra, que tivo que mudar de copiloto a última hora, foi o mellor logo dos oito treitos cronometrados baixo a intensa calor sufrida na xornada. O equipo do Hyundai deixou o crono fixado en 59:59.295, 30.6 segundos máis rapido que Dani Berdomás e Brais Mirón, no Hyundai I20 Rally2.

 

O terceiro posto da proba foi para a grande sorpresa da xornada. José Lamela e Unai Conde, na súa primeira proba no Toyota Yaris Rally2, realizaron unha proba sobresaínte, con cronos interesantes e un ritmo prometedor.

O cuarto posto da carreira foi para Adrián Díaz e Sara Fernández, no Toyota Yaris GR, obtendo ademais o triunfo na Top Ten B.

Completaron o podio nesta copa, Abel Pampillón e José Lage e Celestino e Jorge Iglesias.

O quinto posto foi para Jorge Pérez e Manuel Raido, no Porsche 991 GT3.

Na Top Ten C, primeiro posto para David Rivas e José Vieitez, que ademáis lograron o triunfo na Challenge R2 Staroil.

O segundo posto foi para José Carlos Lorenzo e Daniel Chaves (terceiros na Challenge R2 Staroil foron Diego Félix e Héctor Rodríguez) e o terceiro para Álvaro Castro e Ricardo Rey, que a súa vez foron primeiros na Clio Trophy Galicia.

O podio da Clio completouse con Marco Lorenzo e Diego Gil e Guillermo Martínez e Nacho Sayans, que despois de dominar todo o día perderon a victoria no derradeiro treito.

Na Pirelli AMF, primeiro posto para Dani Álvarez e Adrián Vázquez, seguidos de Carlos Conde e Pablo González e Marcos Sanromán e Noel Claro.

Adri Torreiro e Pedro Rivas sumaron o triunfo no Volante FGA e na PXP. Samuel Graña e Xoel Álbarez foron segundos e Roberto Suárez e Cristian García, terceiros.

Novo triunfo de Miguel Gayoso e Carlos Guitián na Sandero Eco Cup Galicia, con Ruben Castillo e Alberto Rodríguez, equipo da Deputación de Ourense en segundo lugar e Eliot Gómez e Moncho Seoane terceiros.

Por último, no Criterium Recalvi, primeiro lugar para Adrián Regueira e Sergio Fernández seguido de Martín Varela e Laura Díaz e de David Torres e Manuel Lorenzo.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi será no mes de xullo coa disputa do Rallye Sur do Condado.

«»»»»