Nueva edición de la subida a A Pontenova (Lugo).
Victoria para Senín y Vallejo.
Como siempre, información facilitada por el departamento de prensa de la Federación Gallega de Automovilismo.
«»»»»
Jacobo Senín e Sergio Vallejo, na Nova NP01 e no Porsche 997 GT3, foron os mellores na Subida A Pontenova, cuarta parada do Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre que se disputou na localidade lucense cunha calor abafante por momentos.
Senín, que non estivo presente na Subida a Escusa, volveu ao certame para dominar a carreira de principio a fin. Ademáis, o da Escudería Estradense batiu o récord da rampa, deixandoo agora en 1:53.125, máis de un segundo máis rápido que o seu anterior mellor crono.
Desta forma o vixente campión autonómico marcou un tempo total de 3:47.563, máis de 20 segundos máis rápido que o segundo clasificado, Alexis Vieitez.
Vieitez, que non disputou a primeira manga oficial do sábado, continúa coa posta a punto da súa espectacular Lola F3000.
O terceiro chanzo do podio foi para o lucense José Alonso Liste, que no Tatuus F3 T318 preparado polos alumnos da FP Dual de Automoción especializada en mecánica de competición do centro de As Mercedes, quedouse a dúas décimas de segundo de vieitez.
Completaron os cinco primeiros clasificados, Yelco Álvarez e o asturiano Pablo Vázquez, no Forwin e a Osella, respectivamente.

O ourensán Martín Villar, no sexto posto da táboa, foi o mellor entre os participantes na Copa CM Montiño – Terras de Lantaño «Memorial Paco Outeda», con Miguel Ratón no segundo posto.
Entre os Carcross, victoria para Alfonso «Pisko» Ventín, con seis segundos de vantaxe sobre Beni Porto e 17 sobre Adrián Pereira. O becado da FGA, Mario Rivera, foi cuarto clasificado a 22 segundos da victoria.
Sergio Vallejo foi o vencedor da categoría de carrozados cun tempo total de 4:41.988. O piloto lucense superou a Manuel Senra, que nesta ocasión participou no Peugeot 308 TCR en apenas 1,4 segundos. O terceiro posto da carreira foi para Jónathan Álvarez, no BMW.
Na regularidade, primeiro posto para Iván e José Antonio López, no Peugeot 106 XSi e 10936 puntos de penalización. Segundo posto para Sito Cabral e José Manuel Quintas e terceiro para Fernando Ferreiro e Antonio Martínez.
«»»»»
Video resumen de la subida a A Pontenova.


