julio 14, 2025

RALLY SUR DO CONDADO.

Abandono de Dani Berdomás.

Nueva edición, y ya son 21 de la prueba del Condado-Paradanta organizada por la Escudería Surco con un éxito total de público y de participantes.

Destacar la colaboración de los Ayuntamientos por los que pasó la prueba y por parte de los patrocinadores.

Referente al resultado, la verdad, no lo he puesto en el titular, ya que que como todos sabemos y nos gusta este DEPORTE, la victoria se la llevó Víctor Senra, en este caso copilotado por José Murado, con su Hyundai I20 WRC. Desde luego no le queremos sacar ningún mérito a Víctor, que es un grandísimo piloto, pero tenemos que distinguir, Víctor y el resto y el coche también influye.

Realmente la batalla estuvo entre los R5 de Meira y Berdomás que se decantó por el primero tras el abandono de Dani Berdomás por accidente.

Os dejamos la nota de prensa, que como siempre nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo.

 

«»»»»

Víctor Senra e José Murado, aos mandos do Hyundai I20N WRC, obtiveron a victoria no Rally Sur do Condado, sexta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.

Senra e Murado, que nesta proba puntuarán 0.8 ao tomar a saída un só WRC, dominaron a carreira dende o primeiro treito, deixando o crono fixado en 1:06:54.120.

O segundo posto da táboa, despois da retirada por saída de estrada de Dani Berdomás e Brais Mirón, foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, no Skoda Fabia R5, a 55.5 de Senra.

David González e Gustavo Piris foron os terceiros clasificados da cita pontevedresa a os mandos do Skoda Fabia R5.

Cuartos clasificados foron Abel Pampillón e José Lage, que a súa vez foron os vencedores da Top Ten Pirelli Driver B.

No Clio Trophy Galicia, incontestable victoria para Yago Martínez e Melisa Lorenzo, que demostraron un ritmo superior na igualada copa co vehículo francés, facéndose ademáis co quinto posto da xeral. O segundo posto foi para Álvaro Pérez e Irene Caso e o terceiro para Marco Lorenxo e Diego Gil. Estes tres primeiros postos repetíronse na Top Ten Pirelli Driver C.

Juan Carlos Pampillón e Cristian Álvarez foron os gañadores da Pirelli AMF. Completaron o podio Carlos Conde e Pablo González e Omar e Iván López.

No Volante FGA, primeiro posto para Anxel Vizoso e Diego Rodríguez, seguido de Roberto Suárez e Cristian García e Lorenzo Rivera e Julio Monteagudo.

Por último, tres de tres para Miguel Gayoso e Carlos Guitián, cun dominio marcado dende o primeiro treito. Segundo foi o equipo da Deputación de Ourense formado por Rubén Castillo e Alberto Rodríguez e terceiro, Eliot Gómez e Moncho Seoane.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi será no mes de agosto con motivo do Rallye de Ferrol.

«»»»»