julio 28, 2025

RALLYMIX DE RIBADUMIA.

Rallymix de Ribadumia.

Victoria de Alberto Meira.

Esta modalidad de rally en la que se combinan tierra y asfalto está creciendo y cada año hay más pruebas que se apuntan a esta modalidad.

Realmente es muy entretenida y pone a prueba la pericia de los pilotos, y en este caso la victoria se la llevo un gran piloto del Campeonato Gallego de rallies, Alberto Meira, que era la primera vez que disputaba este tipo de prueba y mejor debut imposible, ganando la prueba.

Os dejamos la nota de prensa, que como siempre nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo.

 

 

“””””
Alberto Meira e Avelino Martínez, na clase B, e Javier Ramilo, na A, foron os mellores clasificados do Rallymix de Ribadumia, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix.
A cita, celebrada en dúas xornadas, deixou a Meira e Martínez coma grandes dominadores no Skoda Fabia R5, que adaptaron a terra esporádicamente neste parón estival no autonómico de rallyes.

Desta forma, o equipo do Skoda foi o máis rápido na combinada despois das cinco mangas oficiais cun tempo de 50:08.855 e venceu ademáis a Copa Pirelli 4×4.

O segundo posto da xeral e primeiro clasificado dentro da abondosa clase A, foi para Javier Ramilo, que no Yacar quedouse a tan só 8 segundos do vencedor da proba.

O terceiro chanzo do podio foi para Sergio Fernández, que perdeu o segundo posto na derradeira manga polo excelente tempo marcado por Ramilo nesta quinta pasada.

Completaron os cinco primeiros clasificados, Manuel Osorio e Alberto dos Reis (2º clase B no Skoda Fabia R5) e Darío Calviño, que perdeu moito tempo na quinta pasada (3º clase A).
Os terceiros clasificados da clase B foron Tino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5.

Na Copa MRF, primeiro posto para Víctor Manuel Fernández, seguido de Manuel Iglesias e Ismael Neira.

Entre os participantes na Copa Pirelli Dianteira, primeiro posto para Carlos Maquieira e José Manuel Angustia, con Eduardo González e Alberto Muiños no segundo posto e Rubén Ordóñez e Sabela González, no terceiro.
Fran Abalo e Joel Souto foron os mellores no trofeo Iniciación Escuderías. O segundo chanzo foi para José Pena e Luicía Regos e o terceiro para Aitor Cota e Diego Basalo.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar en Portas a derradeira fin de semana do mes de agosto.
“””””