Nueva victoria de Xesús Ferreiro y Xavier Anido, esta vez en el Ypres Historic Rally
Cuatro de cuatro, no se puede empezar mejor.
Nota de prensa que nos pasa la escudería Melide MotorSport.
«»»»»
Xesús Ferreiro e Xavier Anido conseguían sumar a pasada semana en Bélxica, os días 27 e 28 de xuño, a súa cuarta vitoria consecutiva nas catro probas que disputaron ata o
momento do Campionato de Europa FIA de Ralis Históricos. Fixérono, ademais, nunha proba sumamente emblemática como é o Ypres Historic Rally.
O rali non comezaba demasiado ben para o equipo de Melide, pois no primeiro treito do venres empezou a fallar a caixa de cambios do Ford Escort RS, aínda que afortunadamente púidose cambiar na asistencia entre a primeira e a segunda xornada.
A dificultade que entrañaba o rali foise constatando para Ferreiro e Anido coa gran cantidade de baixas que se ían producindo, con varias saídas e avarías dos equipos que loitan polo título e que están inscritos no campionato, polo que os galegos adoptaron una postura sumamente conservadora para tentar sumar unha nova vitoria.

A falta dun treito, lideraban a Categoría 3 de forma absoluta, pero unha buxaina no derradeiro impedíalles conseguir a vitoria na mesma por medio segundo, sendo superados polo histórico piloto británico Mark Higgins que, con todo, non puntúa para o certame FIA polo que Xesús Ferreiro e Xavier Anido levaban o máximo de puntos da primeira praza, engadindo así a súa cuarta victoria consecutiva da tempada e concluíndo quintos absolutos no Europeo. O devandito resultado tamén conleva que Ferreiro estea situado na segunda praza provisional da clasificación absoluta de Pilotos tras Jari-Matti Latvala mentres Anido é o novo líder provisional no apartado de Copilotos.
Xesús Ferreiro comentaba tras o seu regreso a España que “foi un dos ralis máis complicados que disputei, sobre todo porque con só tres pasadas nos recoñecementos é moi difícil ir rápido. Unha mostra diso é que nunca me equivoquei nun cruzamento e nesta proba fíxeno varias veces porque non tes referencias de freada e o público está situado moi lonxe, o que fai perder a noción de onde te atopas. Quizá eran necesarios indicadores nos cruces como en España, pero o certo é que nos custou coller o ritmo e entender como debiamos correr nunhas especiais tan peculiares como as de Ypres.
Aínda así, estamos moi contentos co resultado, xa que agora haberá unha paréntese no noso calendario antes de afrontar as dúas últimas citas en Asturias e Portugal pois non acudiremos, por cuestión de orzamento, ás de Polonia, Finlandia, Grecia e Italia”.
«»»»»


