agosto 18, 2025

SLALOM DE RODEIRO

Primer Slalom de Rodeiro.

Nueva victoria de Iván Picallo.

Por primera vez se celebra una prueba de esta categoría en el Concello de Rodeiro, con una gran asistencia de público, ya que al ser un circuito «urbano» congregó a muchos aficionados, y con una nueva victoria para Iván Picallo que se afianza como líder del Campeonato Gallego Xunta de Galicia de Slalom a falta, tan solo, de tres pruebas.

NOTA DE PRENSA QUE NOS PASA LA FGA.

 

«»»»»

Iván Picallo, aos mandos do Citroën Saxo, foi o vencedor do Slalom de Rodeiro, proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom.

Picallo, uns dos protagonistas do certame autonómico, deixou o crono fixado en 1:08.910, o que lle serviu para sumar unha nova victoria ó seu palmarés.

O segundo posto da xeral foi para Borja Cotovad, no seu espectacular Ford Escort MK2 a 0.136 segundos do primeiro lugar.

Completou os tres primeiros postos da clasificación xeral David Franco, tamén nun Citroën Saxo, a algo máis de dous segundos do vencedor.

A continuación, situáronse José Luis López e Francisco Rodríguez, nun Citroën Ax e nun BMW E36, respectivamente.

Precisamente Francisco Rodríguez foi o mellor no apartado de debutantes, seguido de Alba Senande e Carlos Mariña.

«»»»»