Nueva victoria de Iván Picallo.
«»»»»
Iván Picallo foi o vencedor do Slalom de Rianxo, séptima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade disputado na xornada do sábado 6 de setembro na localidade coruñesa.
En total foron 54 participantes os que tomaron a saída na carreira, que se mostrou un novo enfrontamento deportivo entre os principais favoritos do certame e que nesta ocasión se decantou para o piloto do Citroën Saxo por apenas catro centésimas de segundo.
Picallo deixou o crono fixado en 1:46.496, un tempo que que marcou na primeira pasada oficial. O segundo clasificado, Borja Cotovad, no Ford Escort, fixo 1:46.538, o que demostra o alto nivel destes dous participantes esta tempada.
Completou os tres primeiros postos da xeral Pablo Castro, que no seu habitual Citroën Ax quedouse a 0.210 segundos da victoria.

Rubén Gandoy e Anxo Lariño foron cuarto e quinto clasificado, respectivamente.
Francisco Rodríguez, na sexta posición, foi o mellor entre os debutantes, mentres que Mariquiña Chao foi a primeira participante feminina clasificada.
«»»»»


