septiembre 8, 2025

SUBIDA A PONTECALDELAS.

8ª Subida a PonteCaldelas.

Última prueba del Campeonato Xunta de Galicia-Circuito Internacional de Montealegre de Montaña con victoria absoluta de Jacobo Senin y, de n uevo, en carrozados, Jorge Pérez.

Nota de prensa que, como siempre, nos pasa la FGA.

 

«»»»»

Jorge Fernández Vilarchao, aos mandos da barqueta Gloria, e Jorge Pérez Alonso, no Porsche 991 GT3, foron os vencedores da Subida a Ponte Caldelas, última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.

A proba, que gozou de bo tempo na xornada do sábado, pero choivas intermitentes durante o domingo, estivo dominada na xeral polo piloto ourensán, que na tempada de debut deste monopraza italiano en Galicia, demostrou a súa competitividade.

Fernández Vilarchao deixou o crono final fixado en 4:26.295, 14.3 segundos máis rápido que o segundo clasificado, o tamén ourensán Martín Villar, no BRC05 Evo.

Villar foi ademáis o vencedor da Copa CM Montiño – Terras de Lantaño, certame no que se sagrou campión.

O terceiro chanzo do podio, completando o triplete ourensán, foi para Miguel Ángel Rodríguez, nun Fórmula Outeda.

Completaron os cinco primeiros clasificados Daniel Rodríguez, nun Silver Car S3, e o vencedor da categoría de carrozados, o pluricampeón galego Jorge Pérez Alonso, que firmou seis victorias nas seis probas do certame nas que participou.

O segundo chanzo entre os carrozados foi para Manuel Senra, que nesta ocasión participou co Hyundai I20 WRC, e a terceira para Fran Álvarez Casqueiro, que na xornada do sábado rompeu un palier que condicionou toda a súa fin de semana.

Entre os carcross, nova victoria para Alfonso «Pisko» Ventín, por diante de Abrahán Vázquez e de Jesús Blanco.

O becado da FGA, Mario Rivera, foi 13º na súa última proba defendendo as cores do equipo.

Iván e José Antonio López foron os gañadores na abondosa categoría de regularidade con 32.642 puntos. O segundo posto foi para Sito Cabral e José Manuel Quintas e o terceiro para Cristian Castro e Mario Martínez.

«»»»»