octubre 27, 2025

RALLYMIX DE BARBADÁS.

RallyMix de Barbadás.

 

Con esta prueba llega a su fin esta temporada el Campeonato Gallego Xunta de Galicia de la modalidad.

Como en todas las pruebas que se organizan en Galicia, donde pones «cuatro coches con barras y tienes 10.000 personas viéndolos» (comentario de un gran amigo), éxito total de público, participación y organización perfecto.

 

Os dejamos la nota de prensa que nos pasa la FGA.

 

«»»»»

Javier Ramilo «Kobas» e Manuel Osorio e Alberto dos Reis, na clase A e B, respectivamente, foron os mellores clasificados do Rallymix de Barbadás, séptima e última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix disputado esta pasada fin de semana na localidade ourensá.

Ramilo, xa campión da clase A, obtivo un convincente triunfo no renovado trazado ourensán, que aumentou o súa lonxitude con respecto o ano pasado. Desta forma, o piloto do Yacarcross fixou o mellor crono final en 28;27.061, algo máis dee medio minuto máis rápido que Antonio López Lence, unha das revelacións deste 2025 en rallymix.

O terceiro posto da clasificación xeral da proba foi para o asturiano Abel Jurado, que se quedou a 41 segundos da victoria.

Un dos protagonistas da proba, Alfonso «Pisko» Ventín, perdeu sete postos na recta final de proba rematando noveno, finalmente.

Ventín foi igualmente o mellor clasificado entre os participantes da Copa MRF. A continuación situáronse Fernando López e Iván Ferreiro, no segundo e terceiro posto, respectivamente.

Manuel Osorio e Alberto do Reis, no Skoda Fabia R5, foron os mellores na clase B, con tan só tres segundos de vantaxe sobre o segundo equipo clasificado, formado por Tino Iglesias e Vanesa Maquieira, no Ford Fiesta N5.

Completaron o podio nesta proba Alberto Meira e Diego Durán, no Skoda Fabia R5 e na súa presenza no certame esta tempada. Meira e Durán fixéronse ademáis co primeiro posto na Copa Pirelli 4×4.

Diego Vila e Álex Alonso, pola súa banda foron os mellores dentro da Copa Pirelli Dianteira, con Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo na segunda praza e Maikel Mosquera e Luis Manuel Bouzas, terceiros.

Precisamente Cagiao e Bergondo foron os mellores entre os participantes na Copa Iniciación Escuderías, seguidos de Carlos Maquieira e Juan Manuel Angustia e Aarón Fernández e Beni Puceiro.

«»»»»