noviembre 24, 2025

SLALOM DE FENE

Slalom de Fene, última prueba de la temporada.

 

Con la prueba de este fin de semana organizada por la escudería Scratch Fene se pone punto y final al Campeonato Gallego Xunta de Galicia de Slalom.

Como siempre, organización de 10 y récord de inscritos, nada menos que 94 pilotos.

 

Os dejamos la nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo.

 

«»»»»

Alejandro Cagiao, aos mandos dun Peugeot 106, foi o vencedor do Slalom Scratch Fene, última proba da tempada no Campionato Xunta de Galicia de Slalom.

A cita da comarca de Ferrolterra, a máis veterana do certame, contou con case un cento de participantes, no que se convertiu nunha festa do automobilismo.

Cagiao completou o percorrido marcado pola organización cun tempo de 1:45.091, algo menos de dúas décimas máis rápido que Diego González Castro, nun Citroën Saxo.

O terceiro chanzo do podio foi para Iván Picallo, que chegaba a esta proba co título no peto. Picallo realizou un crono de 1:45,774.

Completaron os cinco primeiros clasificados da clasificación Pablo Castro e Anxo Lariño, dous dos animadores do certame durante toda a tempada 2025.

Mariquiña Chao foi a primeira clasificada no Trofeo Feminino, seguida de María Abalde e Tamara Pereira.

No Trofeo Manuel Gandoy o mellor foi Francisco Rodríguez, mentres que Roberto Calvo e Iván Penabad foron segundo e terceiro clasificado, respectivamente.

«»»»»