marzo 9, 2026

RALLY DO COCIDO

30 Edición del Rally del Cocido.

Se inicia el Campeonato Gallego Xunta de Galicia de Rallies, con una mítica prueba dentro del Campeonato gallego, el Rally Do Cocido que ya por su edición número 30. La prueba no pudo estar interesante con el duelo hastga el final entre Alberto Meira y Dani Berdomás, lucha que se decanto por Dani debido al fallo mecánico en el coche del piloto de Vincios.

Es una pena que en este inicio de temporada no tengamos a Víctor Senra, al cual de le deseamos una muy pronta recuperación para volver a tenerlo en la carretera.

 

Nota de prensa que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo y un pequeño resumen en video del Rally Do Cocido.

«»»»»

Dani Berdomás e Brais Mirón, aos mandos do Citroën C3 Rally2, foron os vencedores do Rali do Cocido, proba de apertura do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.

 

No ano do seu 30 aniversario a cita lalinense contou cunha espectacular lista de inscritos con 15 vehículos da categoría R5 e Rally2, o récord absoluto do certame.

 

Berdomás e Mirón escalaron ao primeiro posto da clasificación no derradeiro bucle, xa que o dominador da proba dende o primeiro treito do sábado (reemplazando a Lamela e Conde) Alberto Meira e Avelino Martínez tiveron que retirarse por probemas de motor no Skoda Fabia R5.

O segundo chanzo do podio foi a parar a mans de Alberto Otero e Jordan Vázquez e o terceiro para outro equipo que retorna a tempo completo ao certame, o formado por Luis Vilariño e David Míguez.

 

Completaron os cinco primeros José Lamela e Unai Conde na súa estrea co Skoda Fabia R5 e Manuel Souto e Pablo Gregorio, que competiron cun Hyundai I20 Rally de Senra Sport coma premio pola súa victoria na Challenge R2 Staroil.

 

Todos estes equipos foron ademáis os cinco primeiros dentro do Supercampionato R5 Recalvi Pirelli.

Na Top Ten Breogán B +, primeira posición para Adrián Díaz e Diego Rodríguez, no Yaris GR. A segunda e terceira posición foi para Celestino e Jorge Iglesias e Abel Pampillón e José Lage.

 

Estes postos repetíronse na conxunto da Top Ten B.

 

No Clio Trophy, primeiro triunfo da tempada para o equipo do FGA Junior Team by MaxiDeza, Miguel Gayoso e Carlos Guitián.

 

Gayoso e Guitián batíronse durante os treitos da mañá con Yago Martínez e Sergio Piñeira, ata que unha penalización dos segundos e algún erro nos treitos alonxáronos da loita pola victoria.

Marco Lorenzo e José Ángel Fente foron segundos e Álvaro Pérez e Paula de Carvalho, terceiros.

 

O outro equipo do FGA Junior Team by MaxiDeza formado por Ánxel Vizoso e Brais Arranz foi cuarto deste trofeo.

 

Na Top Ten Pirelli Driver Autia C, os equipos formados por Gayoso e Guitián e Lorenzo e Fente repetiron posición do Clio, mentres que o terceiro chanzo foi para Pablo Sánchez e Rubén Tourón na estrea do Peugeot 208 R2.

 

Dani Álvarez e Adrián Vázquez dominaron a Pirelli AMF. O segundo equipo clasificado, formado por Diego González e Diego García, quedouse a máis de dous minutos dos gañadores. David Rodríguez e Alejandro Somoza foron terceiros.

 

No apartado Orixe, Samuel Graña e Sergio Cancela foron os mellores seguidos de Jorge Brenlla e Iván Suárez e Roberto Suárez e Cristian García.

 

O renovado Volante FGA cos Sandero deixou grandes momentos de emoción e o triunfo de Yeray González e Alberto Rodríguez, pilotos becados pola Deputación de Ourense.

A segunda posición foi para Martín Varela e Alba Suárez e a terceira para Alejandro Cagiao e Iván Cagiao.

 

Por último, no abondoso Criterium Recalvi, victoria para Yeray González e Miguel Ángel Santos, no Citroën Saxo. Segunda praza para «Piru» Castro e Martín Cuiña e terceira para Richard Franco e José Antonio Seco.

 

A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi terá lugar no mes de abril en Noia.

«»»»»