abril 27, 2026

CAMPEONATO GALLEGO DE MONTAÑA.

Subida a Taboada

Con la Subida a Tabaoda se inicia el Campeonato Gallego Xunta de Galicia-Circuito Internacional Montalegre esta temporada.

Es la primera prueba del campeonato pero todo parece indicar que se va a repetir un poco lo pasado en la temporada pasada, esperemos que haya mucha más lucha, aunque realmente ver pasar a Senín, Pérez o a Senra ya es un espectáculo, sin citar los CarCross, qu siempre es una pasada verlos.

 

Como siempre, NOTA DE PRENSA que nos pasa la Federación Gallega de Automovilismo.

 

«»»»»

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre comezou esta pasada fin de semana coa celebración da primeira proba puntuable, a 13ª edición da Subida a Taboada, en Lugo.

Primeira parada do certame e mesmos dominadores que en 2025, con Jacobo Senín coma vencedor absoluto da proba (e non carrozados) e Jorge Pérez Alonso, de estrea co novo Porsche 992 GT3 en carrozados.

(Foto.- Jorge Pérez)

Nesta ocasión, o triunfo do piloto de Cuntis non trouxo un novo récord, pero si unha primeira posición con dominio absoluto no crono. Senín marcou un tempo final de 2:58.660, algo máis de oito segundo máis rápido que o segundo clasificado, o ourensán Abrahán Vázquez, na súa segunda proba coa Osella.

O terceiro chanzo do podio foi a parar a mans de Jesús López «Pijo», co Forwin.

 

No cuarto posto da xeral e primeiro de vehículos carrozados situouse Jorge Pérez Alonso, que ademáis do triunfo marco un novo récord na rampa lucense. Segundo e terceiro foron Javier Carballo (Porsche 997 GT3) e Rubén Blanco (Mitjet Superturismo).

Na modalidade de carcross, primeira posición para Alfonso «Pisko» Ventín, seguido de Adrián Pereira e Pablo López. O becado da Federación Galega de Automobilismo, Álex Pereira, completou a súa primeira proba desta tempada na séptima posición da categoría.

Fernando Ferreiro e Antonio Martínez foron os primeiros clasificados en regularidade. Completaron o podio, Sito Cabral e José Manuel Quintas e Abel Yáñez e Lorena Salgado.

«»»»»