junio 29, 2026

SUBIDA A A PONTENOVA.

Nueva edición en A Pontenova.

El Campeonato Gallego de Montaña se está convirtiendo en una referencia para el resto. Esta ya, mítica subida, válida para el Campeonato Gallego Xunta de Galicia- Circuito Internacional de Montealegre, fue un auténtico éxito en la que pudimos ver a un piloto legendario, SERGIO VALLEJO.

Esperemos que Alexis Vieitez, más pronto que tarde, solucione los problemas que está teniendo con su coche para plantarle «cara» a un intratable Jacobo Senín. Desde luego ver en las subidas de Galicia un coche como el Lola 3000 es un autentico lujo y en las manos de Alexis más.

Os dejamos la nota de prensa que nos ha pasado, como ya es habitual, la Federación Gallega de Automovilismo.

 

«»»»»

 

Jacobo Senín (non carrozados), Sergio Vallejo (carrozados) e Sito Cabral e José Manuel Quintas (regularidade), foron os vencedores da edición número 13 da Subida A Pontenova, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.

Dúas xornadas de competición de contrastes, pero con claro dominio na clasificación xeral para o vixente campión, Jacobo Senín.

Se durante o sábado as temperaturas próximas aos 40º fixeron a carreira lucense aínda máis dura, o domingo as nubes foron as compañeiras ideais tanto de equipos coma dos espectadores, que novamente encheron de ambiente e cor a rampa.

Senín, que se quedou a máis de dous segundos do seu propio récord en A Pontenova, fixou o crono final en 3:53.0, case 12 segundos máis rápido que o segundo clasificado, final un Alexis Vieitez que unha vez máis sufriu problemas na súa Lola F3000.

O terceiro chanzo do podio foi para o ourensán Abrahán Vázquez, na Osella PA21 JRB a tan só 1.8 segundos do segundo lugar e a máis de 13, da victoria.

Completaron os cinco primeiros clasificados Martín Villar e Jesús López, na Nova Proto e no Forwin RS23.

Para atopar ao primeiro clasificado da categoría de non carrozados é preciso ir ata o séptimo posto da xeral combinada, con Sergio Vallejo comandando a clasificación despois dunha fermosa loita con Javier Carballo (que sufriu unha saída de estrada na derradeira manga oficial) e de Fran Álvarez Casqueiro, que se quedou a 3.2 do piloto de Meira.

O terceiro posto entre os carrozados foi para Manuel Senra, no Peugeot 308 TCR (11º da xeral).

Entre os carcross, primeiro posto da clasificación para un Alfonso «Pisko» Ventín que non deu oportunidades aos seus rivais.

O de Cotobade superou en 8.7 segundos ao segundo clasificado, Martín Torres e en 9,7 a Efraín Díaz.

O piloto do FGA Junior Team by MaxiDeza, Alejandro Pereira, non se atopou cómodo na rampa lucense e finalizou na oitava praza da categoría.

Entre os equipos de regularidade, primeira posición para Sito Cabral e José Manuel Quintas, con 3540 puntos. O segundo posto foi para Fernando Ferreiro e Antonio Martínez e o terceiro para Darío Amorín e Francisco Rigueira.

A próxima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre será a Subida a Estrada, unha das citas máis veteranas do certame.

«»»»»