abril 6, 2026

KARTING EN OUTEIRO DE REI.

KARTING EN OUTEIRO DE REI.

Nueva prueba de esta modalidad de la automoción que cada prueba sigue en récords de inscripciones, y desde luego es la base del automovilismo.

Un trabajo excelente por parte de la FGA y del responsable de la categoría, Pedro González.

 

OS dejamos el enlace que nos ha pasado la Federación Gallega de Automovilismo.

 

«»»»»

Bo tempo, máis de 100 equipos inscritos e moita, moita competividade a que se viviu no circuito de Outeiro de Rei, esceario da segunda proba do Campionato Xunta de Galicia de Karting que tivo a Pablo Kardos,Álex Fernández, Dani López, Lucas Pazos, Alejandro Méndez, Nico Rodríguez, Luis Fernández e Jorge Suárez, como gañadores nas distintas categorías.

Con temperaturas superiores aos 20 graos durante todo o sábado, os equipos realizaron as habituais xornadas de adestramento, que nesta ocasión se ampliaron tamén ao venres debido aos días festivos. Nese sábado de calor e sol os máis pequenos da categoría pre rookie realizaron as súas competicións formativas con moito público e sobre todo, bo ambiente.

Xa o domingo, cunha inoportuna néboa matinal que atrasou o inicio da xornada ás 11:00 horas da mañá, chegou o momento da competición federada.

En Rookie, dentro da modalidade Iame, primeiro posto para Pablo Kardos, seguido de Marcos Castro e de Ian Díaz. Dentro dos participantes da categoría Vortex, triunfo para Álex Fernández, con Carmen Pintor no segundo chanzo do podio e Izan Santa María no terceiro.

Nesta categoría decidiuse separar aos participantes na segunda carreira para mellorar a seguridade de tódolos participantes.

Daniel López fixo pleno de victorias na xornada do domingo e logrou a victoria na categoría Mini confirmando o seu potencial. A continuación do piloto ourensán situouse o seu compañeiro de equipo en CRG, Enzo Prada, mentres que terceiro clasificado foi Jorge Núñez. A piloto integrada dentro do FGA Júnior Team by Maxi Deza, Aroa Fernández foi cuarta clasificada despois de sufrir problemas na primeira carreira oficial que a obligaron a remontar dende a última posición.

Entre os Mini Novel, debutantes na categoría, primeiro posto para Lucas Pazos, con Surhayén Díaz en segundo lugar e Álex Pais, terceiro.

Alejandro Méndez foi o mellor da fin de semana entre os participantes da abondosa categoría Júnior, na que houbo 20 equipos participantes. Méndez superou a Kevin Fernández e a Martín del Pozo na clasificación final. Estas carreiras foron as máis apaixoantes do domingo, con alternativas constante e batalla en tódolos postos.

Un chanzo por riba, na categoría Sénior, primeiro posto para Nicolás Rodríguez, con pontevedrés Saúl Vaz en segunda posición e Ylenia Domínguez, terceira.

Por último, entre os KZ, victoria para Luis Fernández, con primeiro posto nas dúas carreiras e pole. Pablo Capón foi o segundo e Jorge Suárez, terceiro. Precisamente Suárez foi o mellor entre os KZ2, con Guillermo Carrera en segunda praza e Diego González na terceira.

«»»»»