abril 20, 2026

RALLY DE NOIA

Cuadragésima edición del Rally de Noia.

 

Edición 40 de esta mítica prueba del Campeonato Gallego Xunta de Galicia de Rallies de Asfalto.

 

Realmente esta prueba está destinada a darnos alegrías, por su organización, por su número de inscritos y en eta edición por su nuevo formato, incluyendo todo en solo día. Tres tramos a dos pasadas y no como antes que muchos pilotos terminaban el tercer tramos y había gente disputando el primero todavía.

En esta edición vaticinábamos varios duelos, entre ellos Berdomás-Meira y Vilariño-Caamaño-Lamela y realmente no nos equivocamos mucho, a no ser por el accidente de Meira que le abre un poco más el campeonato a Dani Berdomás. PERO AUN FALTAN SIETE PRUEBAS y ya veremos.

Os dejamos la nota de prensa que nos ha pasado la Federación Galllega de Automovilismo.

 

«»»»»

Daniel Berdomás e Brais Mirón, aos mandos do Citroën C3 Rally2, foron os vencedores do 40º Rali de Noia, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.

O equipo da escudería JRT, que defendía o triunfo da tempada pasada no fogar de Mirón, ofreceu un espectáculo enorme na súa batalla con Alberto Meira e Avelino Martínez, que rematou cando o equipo do Skoda sufriu unha forte saída de estrada nos treitos da tarde.

Desta forma Berdómas e Mirón, que tamén tiveron problemas de embrague ao final da mañá, sumaron o seu segundo triunfo consecutivo no certame autonómico (tamén do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi), o que amplía a súa renda ao frente da clasificación.

O segundo posto final da proba foi finalmente para Luis Vilariño e David Míguez, que no Skoda Fabia R5 EVO continúan a recuperar o ritmo de competición con moi bos resultados. O terceiro chanzo foi para José Lamela e Unai Conde, que tiveron que participar no Volkswagen Polo R5 de ARVidal ao non estar disponible o seu Skoda Fabia despois da avería mecánica do Rally La Llana.

(Foto cedida por Luis Vilariño)

Completaron os cinco primeiros clasificados Iago Caamaño e Alberto Rodríguez e Dani Remuiñán e Álvaro Cerqueiras.

Na Top Ten Pirelli Grupo Breogán, primeiro posto para Toñito López e Santi Gil no Peugeot 205 Yacar. O segundo chanzo do podio foi para os irmáns Tino e Jorge Iglesias e o terceiro para o local Fran Oviedo e Eladio Caamaño. Na modalidade Classic, que comezaba a súa andadura nesta carreira, triunfo para Carlos López e David Saavedra, no BMW. Segunda posición para Rubén Santas e David Ferreira e terceira para Antonio Cereijo e Juan Enrique García.

(Foto cedida por Iago Caamaño)

Tamén comezou en Noia a segunda edición da Challenge R2 – Staroil, que contou con sete equipos inscritos. Neste formato, primeiro posto final para Manuel Souto e Pablo Gregorio, seguido de David Rivas e José Barrán e de Jorge Pérez e Cristian Álvarez.

Precisamente Souto e Gregorio foron os mellores na Top Ten C Pirelli Driver Autia con Marco Lorenzo e José Ángel Fente moi preto no Renault Clio Rally5. Terceiros foron Rivas e Barrán.

Dani Álvarez e Adrián Vázquez sumaron o seu segundo triunfo noutras tantas carreiras na AMF Pirelli. Guille Vilavedra e Francisco Luque foron os segundos clasificados mentres que o terceiro posto foi para Antonio Mato e Rubén Boullón.

«Piru» Castro e Ángel Rodríguez foron os dominadores do Criterium Recalvi no Fiat Seicento. O segundo posto foi para os vencedores da primeira proba, Yeray González e Miguel Ángel Santiago, e o terceiro para David Torres e Manuel Bouzón.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi será o Rally Mariña Lucense no mes de maio.

«»»»»