NUEVA EDICIÓN DE AUTOCROSS EN O CASTRO.
Casi 60 equipos inscritos en esta nueva prueba en O Castro, lo cual demuestra el crecimiento de las modalidades más «sencillas» del automovilismo gallego.
NOTA DE PRENSA QUE NOS PASA LA Federación Gallega de Automovilismo.
«»»»»
Alejandro Vecino, Daniel Castro, Antonio López e Lolo Bermúdez foron os vencedores do Autocross de O Castro, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
Apenas un mes despois do comezo en Arteixo, case 60 equipos déronse cita no circuito de Taragoña para afrontar unha xornada de competición marcada pola igualdade.
Na clase I, victoria para Alejandro Vecino, que repite no máis alto do podio despois de Arteixo. Vecino aventaxou en pouco máis de medio segundo a Manuel Cambón e a Javi Lea.
Na clase II, tamén de carrozados, primeiro posto para Dani Castro. A segunda praza a dúas décimas de segundo do triunfo foi para o defensor do título Jon Ander López e a terceira para Daniel Queijo, xa a máis de oito segundos.

Antonio López Lence continúa a engordar o seu palmarés e nesta ocasión acadou o súa primeira victoria na Clase III de autocross en O Castro. O piloto de Yacar superou na final a Beto López e a Andrés Iglesias.
O gañador na Copa MRF Senior foi Manuel Martins seguido de Manuel Costas e Iván Baloira.
Por último, primeiro posto para Lolo Bermúdez entre os participantes da Clase V reservada a carcross júnior. O segundo posto foi para Joao Traila e o terceiro para Aarón Ruiz.
Saúl Martínez, Pablo Molinos e Adrián Fernández foron os tres primeiros clasificados na MRF Júnior.
«»»»»


