mayo 18, 2026

RALLYSPRINT DE SILLEDA.

Nueva edición del Rallysprint de Silleda.

Se que a lo mejor pude sonar repetitivo, pero esta modalidad que ha implantado la Federación Gallega de Automovilismo cada vez tiene más adeptos al realizar todo en el mismo día con el consiguiente ahorro para los pilotos.

Algunas escuderías que organizan el Campeonato Gallego Xunta de Galicia Recalvi de rallies también la están aplicando y esperemos que cuaje

PERO COMO DIGO SIEMPRE, ESTA ES MI OPINIÓN PERSONAL.

Os dejamos la nota de prensa que nos ha pasado la FGA.

 

«»»»»

Antonio López Lence e Santiago Gil lograron a victoria no Rallysprint de Silleda, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint – GT2i.

Lence e Gil foron os mellores nunha proba que contou con pleno de inscritos e moitísimo publico disposto a desfrutar dunha xornada de competición que tivo a choiva coma compañeira de viaxe intermitente.

A pesar de ceder o mellor crono no primeiro treito, a parella do Peugeot 205 Yacar mostrou a súa consistencia para sumar o seu segundo triunfo noutras tantas probas a asentar o seu liderato no certame.

O segundo posto da clasificacion foi para Javier Martínez Carracedo e José Barrán, que retornaron ao podio despois da retirada por saída de estrada da primeira cita puntuable.


Completou o podio o piloto local, Marco Lorenzo, que no Renault Clio Rally5 e copilotado por José Ángel Fente, puxeron as cousas moi complicadas aos pilotos de cabeza.

Na Copa Kumho, primeiro posto para Emilio Vázquez e Dani González, no rapidísimo Peugeot 106 Kitcar. O segundo posto neste formato promocional foi para Sergio Otero e Noel Claro, líderes do certame, e o terceiro para Jacobo Collazo e Adrián Guillade.

Nos históricos, primeira posición para Rafael Portas e Antonio Moledo. Antonio Vázquez e Alberto Santamaría foron segundos e Juan Carlos Simaes e Diego Túñez, terceiros.
Por último, na categoría extra, primeira posición para Alberto Nimo e Félix Quintela no Skoda Fabia R5. Tamén nun Skoda, o segundo chanzo foi para Daniel Montoto e Maikel Márquez e o terceiro para Ricardo Vidal e Iria Fernández.

 

«»»»»