Nuevo fin de semana de motor en nuestra Comunidad.
De nuevo un fin de semana muy interesante de motor en Galicia con las pruebas del Autocross en Carballo y de la Subida a Pontecaldelas, en la cual ya se decidió todo con la victoria de Jorge Pérez en carrozados, que junto a Jacobo Senín son los ganadores del Campeonato gallego Xunta de Galicia – Circuito Internacional Montealegre de Montaña.
Os dejamos la nota de prensa, que como siempre nos pasa la Federación Gallega e Automovilismo.
«»»»»
AUTOCROSS DE CARBALLO.
Alejandro Vecino, Jon Ander López, Beto Lorenzo e Joao Traila foron os vencedores do Autocross de Carballo, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da especialidade.
Na Clase I, novo triunfo para Alejandro Vecino, que no Citroën Saxo finalizou a proba cun tempo de 5:06.912.
Vecino completou as seis voltas de carreira cunha vantaxe superior aos seis segundos sobre Javier Lea e Juan Ángel Rodríguez, que completaron o podio.

Jon Ander López foi o máis rápido dentro do participantes da Clase II, cun crono final de 6:48.281.
O campión galego logrou a victoria por diante de Martín Castro e de Carlos Santos.
Entre os carcross da Clase III, primeiro lugar da clasificación para Beto Lorenzo, que demostrou estar nun excelente estado de forma neste punto da tempada. O segundo posto foi para Andres Iglesias, un doblete para LifeLive, Dani Vázquez foi o terceiro clasificado aos mandos dun Labase FX01 despois da penalización sufrida por Roberto Rodríguez, que caeu finalmente a sexta praza.

Manuel Martins foi o vencedor da Copa MRF Senior, con Manuel Costas no segundo posto da clasificación.
Por último dentro dos competidores júnior da Clase V, primeiro lugar para Joao Traila, seguido de Mateo Villar e de Arón Cid, todos eles aos mandos de Ya-Car.
Marcos Molinos foi o primeiro clasificado da Copa MRF Júnior no cuarto posto da xeral. A continuación, Adrián Fernández e o becado do FGA Júnior Team by MaxiDeza, Manu Mariño.
SUBIDA A PONTECALDELAS.
Abrahán Vázquez en non carrozados e Jorge Pérez, en carrozados, foron os vencedores da Subida a Ponte Caldelas, sexta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.
Vázquez, alternativa de Jacobo Senín durante a tempada aproveitou a ausencia do xa campión autonómico para levarse o triunfo na rampa pontevedresa cun crono final de 4:25.455.
O segundo posto da clasificación xeral e primeiro da Copa CM Montaña foi para Daniel Rodríguez, que superou en apenas dous segundos a Juan González Costas, terceiro da proba e segundo da Copa.

Completaron os cinco primeiros clasificados Alfonso «Pisko» Ventín (primeiro entre os carcross) e Jorge Pérez Alonso, primeiro carrozado e novo campión galego da modalidade.
A continuación de Pérez Alonso na modalidade de carrozados situáronse Jonathan Álvarez e Javier Carballo, todos eles aos mandos de Porsche.
Álex Pereira, piloto do FGA Júnior Team by MaxiDeza foi sexto clasificado da clase 8 (13º da xeral), nunha boa fin de semana.
Por último, Carlos Gutiérrez e Elías González foron os mellores na categoría de regularidade, seguidos de Sito Cabral e José Manuel Quintas e de Fernando Ferreiro e Antonio Martínez.
A última proba do Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre terá lugar o próximo mes coa celebración da Subida a Santa María de Oia, que retorna o certame.
«»»»»







